[Deuda-QdQ] Jornadas Derechos Humanos Laborales
Amarante Educacion
educacion en amaranteong.org
Mar Mar 30 13:26:48 CEST 2010
*XORNADAS INTERNACIONAIS*
* "DEREITOS HUMANOS LABORAIS:*
*NOVAS INICIATIVAS NA SÚA DEFENSA"***
*AMARANTE Setem* e a *UNIVERISADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA* organizan
as *Xornadas Internacionais "Dereitos humanos laborais: novas
iniciativas na súa defensa"* que terá lugar os vindeiros *23, 24 e 25 de
abril* no *Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación* no Campus
Norte da USC. Conta asemade cun crédito de libre configuración para
estudiantes.
*Obxectivo:*
Visibilizar e reflexionar sobre as dificultades de garantir os dereitos
humanos laborais nun contexto de economía neoliberal globalizada, e o
impacto que teñen as empresas transnacionais nas economías locais e nas
persoas traballadoras tanto do Norte como no Sur; e dar a coñecer
iniciativas innovadoras que se están a realizar dende distintos ámbitos
da sociedade civil como ONGs, profesorado, sindicatos e organizacións
sociais para ir cara a súa garantía e cumprimento.
*Resume das xornadas:*
O primeiro día farase unha análise e contextualización do impacto da
deslocalización e as dificultades para facer cumprir os dereitos
humanos e laborais para no segundo día analizalo a través dun sector
concreto, o do téxtil, co impacto en Galicia e o impacto nos países
empobrecidos. Onde se presentará por primeira vez a iniciativia
Salarios dignos en Asia, unha iniciativa inédita de loita e unión de
moitas organizacións de 8 países en Asia para frear os abusos da
liberación comercial, que condea a miles de mulleres a traballar por
menos de 25 euros ó mes, como é o caso de Bangladesh. Pecharemos o
domingo cunha das citas obrigadas do ano o Tribunal Permanente dos
Pobos que se celebraán en maio en Madrid.
Nestas xornadas tamén participaron na organización a Campaña Roupa
Limpa e a Federación Setem.
*Axuntamos o programa completo *onde agradecemos a tódalas persoas a súa
participación gratuíta profesorado, centros de investigación,
sindicatos, traballadoras, empresas e colectivos sociais.
--
Eva Gil Rodríguez
Educación e Sensibilización
AMARANTE Setem
Avda/Camelias,114
36211-Vigo
886 111 327
www.amaranteong.org
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://llistes.moviments.net/pipermail/deuda-2005/attachments/20100330/179524ca/attachment-0001.htm
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un mensaje que no está en formato texto plano...
Nombre : flyer dereitos_3.pdf
Tipo : application/pdf
Tamaño : 232844 bytes
Descripción: no disponible
Url : http://llistes.moviments.net/pipermail/deuda-2005/attachments/20100330/179524ca/attachment-0001.pdf
Más información sobre la lista de distribución Deuda-2005